Saturday 04 de May de 2024

Un tanatorio da Coruña, entre os selos Responsabilízache que outorga a Xunta


Pompas Fúnebres da Coruña recibe o selo Empresa Responsabilízache que outorga a Xunta de Galicia.

Este recoñecemento destaca a calidade e compromiso coa sustentabilidade e responsabilidade social das empresas galardoadas.

No marco do programa “Responsabilízache”, impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, a empresa Pompas Fúnebres da Coruña foi distinguida co selo Empresa Responsabilízache. Este recoñecemento outórgase a empresas comprometidas coa implementación de prácticas sostibles, sociais e de gobernanza.

A distinción non só resalta a calidade e compromiso dos servizos funerarios de Pompas Fúnebres da Coruña, senón que pon de relevo a destacada traxectoria en sustentabilidade da súa directora, Isabel Tamarit. Baixo o seu liderado, a empresa implementou medidas ambientais, sociais e de gobernanza, demostrando un firme compromiso coa cultura da sustentabilidade. O Código de Conduta e as novas políticas de Sustentabilidade aprobadas pola empresa están publicadas na páxina web da empresa (https://pompascoruna.com/compromiso-con-a-sustentabilidade/)

Desde Pompas, valoran a sustentabilidade como base fundamental do seu modelo de negocio e é un eixo estratéxico no desenvolvemento da súa actividade empresarial. Por iso, e #de acordo con os seus recursos dispoñibles, seguen avanzando para integrala en todos os niveis de xestión e goberno da empresa. O programa Responsabilizate (no que participou xunto con 200 empresas galegas) foi de gran axuda para ordenar e poñer foco neste labor.

A empresa aprobou un Código de Conduta no que -entre outras cuestións- pon de manifesto o seu compromiso coa plena transparencia #ante clientes, provedores e a Administración Pública, así como unha política estrita anti-corrupción e suborno. Ademais, a empresa aprobou novas políticas e procedementos de Sustentabilidade e de Medio, e ofrecen novos produtos (ecofuneral, salas de baixo impacto ambiental, cadaleitos ecolóxicos…) co fin de maximizar o seu impacto positivo na sociedade, e minimizar o impacto negativo que poidan xerar no medioambiente. Pompas Fúnebres considera que se sitúa así na vangarda do sector adaptando o mesmo ás necesidades da cidadanía e contribuíndo á súa vez a priorizar a sustentabilidade.

Con este Selo Responsabilízache, Pompas Fúnebres da Coruña consolida a súa posición como líder non só en servizos funerarios senón tamén en prácticas empresariais socialmente responsables.